Tuesday 14 de May de 2024

Bergondo contará nas súas rúas con oito bancos pola xustiza social


· ‘Bancos para a xustiza social’ dá continuidade ao proxecto iniciado coa creación, de maneira colaborativa, dun banco pola igualdade.

· Agora, partindo de diferentes talleres, deseñaranse novos bancos con temáticas como a diversidade cultural, persoas maiores, saúde mental, medio ambiente…

· Seis destes talleres son abertos á cidadanía, sendo necesario anotarse previamente no Concello.

O Concello de Bergondo impulsa ‘Bancos para a xustiza social’, un novo proxecto de sensibilización cidadá para a xustiza social, ao amparo dos fondos do Pacto de Estado. Tras unha proba piloto na que se creou de maneira colaborativa un banco pola igualdade, neste outono intervirase sobre oito pezas máis do mobiliario urbano en colaboración coa artista local Iria Fafián. Os temas escollidos nesta ocasión son diversidade cultural, diversidade funcional, mocidade, infancia, defensa do medio ambiente, diversidade sexual, persoas maiores e saúde mental.

O deseño dos novos bancos será colaborativo, partindo de talleres abertos nos que a cidadanía dea ideas para a mensaxe, imaxe ou emprazamento destes elementos. Os talleres están conducidos por educadoras da cooperativa Rexenerando, e contan ademais coa colaboración de entidades que traballan de maneira específica cos colectivos interpelados.

Así, o proxecto arrincará o vindeiro martes 4 de outubro ás 18:30 horas na biblioteca da Senra, cunha sesión sobre diversidade sexual na que as ONG Mestura e SenValos poñerán o foco sobre esta temática. O luns 9 de outubro ás 18:30 horas será a quenda do CPAP, cun taller no que se abordará a diversidade funcional, e no que colabora tamén a iniciativa Universo Diverso. O martes 24 ás 18:30 horas levará a cabo a sesión de medio ambiente na Senra, en colaboración co GALP Golfo Ártabro Sur, e o mércores 25 ás 18:30 horas na Casa dá Mocidade as colectivos Ás A Coruña e Móvete acompañarán o taller de diversidade sexual. Por último, o martes 31 terá lugar a sesión de persoas maiores no Centro social de Lubre María Fernández Sánchez xunto co grupo municipal de Memoria Activa; e o xoves 2 de novembro a de saúde mental no Centro social de Ouces Antonia Pato Pardo, en colaboración coas clases de Saudable-mente e a entidade TP Galicia.

Estes talleres están abertos á cidadanía. Para participar é necesario inscribirse previamente no 981 791 252 – ext. 4, ou no correo electrónico serezabel.rodriguez@bergondo.gal.

A maiores, celebraranse dúas sesións máis, pechadas, para o deseño dos bancos da mocidade e da infancia. levarán a cabo con alumnado de ESO e Educación Primaria do CPI Cruz do Sar.

O proxecto finalizará coa presentación dos bancos creados nun acto que se celebrará no mes decembro deste ano 2023 e no que tamén participarán os colectivos implicados no seu deseño.